As voluntarias e voluntarios da FBV son persoas maiores de idade -ou maiores de 12 anos con consentimento dos seus proxenitores ou persoas titoras- que deciden libre e voluntariamente, dedicar, todo ou parte do seu tempo, a colaborar en actividades solidarias de forma totalmente altruísta.
O noso voluntariado é de carácter social e basease nos tres pilares básicos do noso lema de traballo: TALENTO, PAIXÓN E COMPROMISO, neste caso dirixidos a colaborar con e para xente da nosa contorna co fin de conseguir un mundo mellor e máis humano.
Polo tanto, si es consciente dos problemas da nosa contorna e da sociedade actual, da importancia de axudarnos as unhas aos outros, empatizas facilmente coas demais persoas e respectas os principios de igualdade, si es unha persoa proactiva e comprometida á que lle gusta construír, sumar e unir… non o penses, preme no enlace e a continuación