Alienum phaedrum torquatos nec eu, vis detraxit periculis ex, nihil expetendis in mei. Mei an pericula euripidis, hinc partem.

Contacto +34 928 245 042

Movemento Rural Up

Fundación Baiuca Verdescente / Movemento Rural Up

Todas as acción e proxectos da Fundación Baiuca Verdescente están orientados á consecución dos obxectivos que persigue a filosofía RURAL UP:

#1RURAL UP: O RURAL COMO FORMA DE VIDA

A Fundación Baiuca Verdescente ten moi claro que a mellor opción para lograr unha vida de calidade é o rural, o rural como forma de vida, o rural como presente e futuro dunha sociedade consciente e que quere elixir como vivir.

#2RURAL UP: O RURAL COMO XERADOR DE TALENTO.

No entorno rural existen grandes referentes en multitude de ámbitos, non obstante, somos plenamente conscientes da existencia de grandes barreiras e dificultades. En consecuencia, todos os nosos proxectos están enfocados á busca proactiva destes talentos ocultos para tratar de poñer os medios necesarios, darlles visibilidade, apoderalos e que poidan, en definitiva, cumprir os seus soños, porque isto redundaría en grandes beneficios para a sociedade no seu conxunto.

#3RURAL UP: TRANSFORMANDO O NOSO RURAL.

A Fundación Baiuca Verdescente quere dotar ao medio rural dos medios necesarios para crear un turismo rural sólido, que teña a solidariedade por bandeira e a sustentabilidade como principios activos de todas as súas accións.

#4RURAL UP: CREANDO REDE

O eixe central da Fundación confórmao unha forte rede de solidariedade formada por un gran equipo de persoas voluntarias - que dedican o seu valioso tempo aos demais-. O factor humano é fundamental para a potenciación do noso entorno, polo que en todos os proxectos e accións da fundación buscarase o apoio e a colaboración de asociacións, grupos empresariais, comercio local, administracións públicas, así como de toda a veciñanza.

#5RURAL UP: ORGULLOS@S DO NOSO.

Para sumarte á filosofía “RURAL UP” só tes que estar orgulloso/a do noso rural universal, que é de todos e de todas. Compartir esa paixón polo entorno, a súa xente, a súa cultura, a súa gastronomía, os seus espazos únicos… Todos e todas debemos contribuir a colocar ao rural na posición que merece porque o rural é sustentabilidade, futuro, experiencia, comunidade. Ser rural é liberdade.

#6RURAL UP: CONTEMOS, ESCOITEMOS E FAGAMOS HISTORIA.

O rural atesoura unha historia única, cargada de experiencias, contos marabillosos e lendas máxicas, que queremos promocionar dende a Fundación, convencidos da importancia da súa visibilización e transmisión, partindo da máxima de que “todos e todas temos algo que contar, todos e todas temos algo que aprender.”

#7RURAL UP: POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO RURAL.

O asombroso patrimonio natural, arquitectónico, cultural e artístico do rural galego conforma un tesouro de valor incalculable. A Fundación Baiuca Verdescente pretende por en valor ese patrimonio redirixindo a afluencia turística dende as nosas costas ata o interior, que ofrece a magnífica experiencia da natureza en todo o seu esplendor.

#8RURAL UP: COIDANDO O NOSO.

O respecto e o coidado do medio ambiente forma parte do noso eixe de obxectivos e preside todas e cada unha das nosas accións e proxectos. Ademais de estudar en cada un deles cómo minimizar ao máximo o impacto medioambiental e a contaminación, priorizase a diusión de boas prácticas como a reciclaxe. Ademais, cultivamos o respecto polas tradicións e a cultura rural que tratamos de promover e transmitir á mocidade.

RURAL UP: A QUE ESPERAS PARA UNIRTE?

Ven a descubrir unha nova forma de vida, unha nova consciencia, un novo sentido á existencia. Súmate a nosa causa participando como persoa ou entidade nalgún dos nosos proxectos, desfruta desta nova modalidade de turismo verde e solidario, coñece a nosa historia e crea a túa propia na nosa rede.

 

O noso rural teno todo, só faltas ti.

gl_ESGalego