Alienum phaedrum torquatos nec eu, vis detraxit periculis ex, nihil expetendis in mei. Mei an pericula euripidis, hinc partem.

Igualdade

POR QUE?

Dende a Fundación Baiuca Verdescente pensamos que a igualdade de xénero é unha cuestión fundamental para construír un mundo máis xusto. Por esa razón, para financiar os nosos proxectos de acción social ofrecemos asesoramento en materia de igualdade en diferentes ámbitos.

QUE SERVIZOS OFRECEMOS?

EDUCACIÓN EN IGUALDADE
Obradoiros

Ofrecemos obradoiros personalizados e axustábeis ás necesidades do alumnado, do profesorado, das familias e da contorna educativa. Entendemos a educación dende unha perspectiva transformadora, polo que utilizamos metodoloxías activas e participativas de aprendizaxe nas que se promove a adquisición de contidos e competencias transversais como: a educación en valores, a perspectiva de xénero, a educación mediática, a resolución de conflitos, etc.

Talleres

Plan de igualdade de centro

O plan de igualdade do centro educativo, é un documento onde se recollen as medidas acordadas para contribuír a corrixir os desequilibrios de xénero existentes dentro da comunidade educativa, así como a promover prácticas educativas igualitarias. Ao realizar o plan de igualdade faranse visíbeis os estereotipos sexistas que persisten nos centros educativos, dando recoñecemento as contribucións das mulleres á sociedade e ao coñecemento, e poñendo en valor a importancia da linguaxe inclusiva, para facer transversal a perspectiva de xénero en toda a contorna educativa.

CONCELLOS

Obradoiros

Os nosos obradoiros son adaptables ás necesidades de cada concello. Poden estar dirixidos á cidadanía en xeral ou a colectivos máis específicos (crianzas, comunidade educativa, terceira idade...)

Plan de igualdade municipal

Trátase do documento no que se plasman o conxunto de medidas, adoptadas despois de realizar un diagnóstico situación, tendentes a alcanzar na administración e na comunidade implicada a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes e a eliminar a discriminación por razón de sexo. Nel, recóllese todo desenvolvemento e a concreción da política municipal en materia de igualdade entre mulleres e homes.

Plan intercentros

É un plan impulsado polo propio concello no cal se engloban todos os centros educativos (escolas infantís, CEIPS, institutos....) para a adopción das medidas oportunas para a consecución da igualdade de xénero na comunidade educativa.

ayuntamiento

EMPRESAS

O pasado 14 de outubro aprobáronse dous Reais Decreto claves en materia de igualdade empresarial, o RD 901/2020 de Plans de Igualdade e o seu rexistro, e o RD 902/2020 de Igualdade Retributiva, co obxectivo de mellorar e desenvolver a normativa anterior nos aspectos que non estaban regulados.

A través destas normas contémplanse os contidos, materias, datos e criterios específicos a incluír nos diagnósticos e plans de igualdade, así como o contido das auditorías salariais, prazos de negociación, cómputo de persoas traballadoras para determinar a obrigatoriedade, comisión negociadora, rexistro do plan, etc.

Os Plans de igualdade aprobados con anterioridade terán que actualizarse dende a entrada en vigor desta norma, no prazo de 12 meses atendendo a unha diagnose e plan axustada a nova normativa.

Cumprir normativa vixente, ademais de evitar sancións económicas e permitir as empresas establecer contratos con entidades do sector público, favorece a Responsabilidade Social Corporativa, aumenta a motivación do persoal, e mellora a produtividade e a imaxe empresarial. 

Plans de igualdade:

Son o conxunto ordenado de medidas, adoptadas despois de realizar unha diagnose de situación, tendentes a alcanzar na empresa a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes e a eliminar a discriminación por razón de sexo.

Que empresas están obrigadas a telo?

As empresas de 50 o máis persoas traballadoras terán ata tres meses para iniciar o procedemento de negociación do seu Plan de Igualdade dende a entrada en vigor do Real Decreto 901/2020, do 13 de outubro.

Auditorías retributivas:

A auditoría retributiva ten por obxecto obter a información necesaria para comprobar se o sistema retributivo da empresa, de forma transversal e completa, cumpre coa aplicación efectiva do principio de igualdade entre mulleres e homes en materia de retribución.

Que empresas están obrigadas a telo?

A partir do 14 de abril de 2021, tras a entrada en vigor do Real Decreto 902/2020, as empresas que elaboren un Plan de Igualdade deberán incluír nel unha Auditoría Retributiva. É dicir, todas as empresas con máis de 50 persoas traballadoras contratadas.

imagen_2021-04-16_182740

Rexistro salarial:

O rexistro salarial ten como obxectivo garantir a transparencia na configuración das percepcións e un adecuado acceso á información retributiva das empresas, ao marxe do seu tamaño, mediante a elaboración documentada dos datos promediados e desagregados.

Que empresas están obrigadas a telo?

Dende o ano 2019 a través do RD-lei 6/2019, establécese que o Rexistro retributivo debe incluír: os valores medios dos salarios, os complementos salariais e as percepcións extrasalariais do persoal desagregadas por sexo e distribuídas por grupos profesionais, categorías profesionais ou postos de traballo iguais ou de igual valor.

FORMACIÓN

  • Formación específica en igualdade para RRHH, compoñentes da Comisión de igualdade e as persoas traballadoras (conceptos básicos de igualdade, políticas de igualdade e a súa aplicación no ámbito laboral, linguaxe inclusiva, conciliación e corresponsabilidade, perspectiva de xénero na comunicación empresarial, etc.)
  • Programación de accións de prevención do Acoso Sexual e Acoso por Razón de Sexo.
  • Obradoiros de prevención, detección e actuación para a erradicación da violencia machista no ámbito laboral.

Subvencións para a promoción da igualdade

Orientación e guía no proceso de tramitación de subvencións para a elaboración do Plan de igualdade na empresa.

gl_ESGalego