Alienum phaedrum torquatos nec eu, vis detraxit periculis ex, nihil expetendis in mei. Mei an pericula euripidis, hinc partem.

Contacto +34 928 245 042

Obxectivo do proxecto:

A mocidade ten o futuro nas súas mans e a Fundación Baiuca Verdescente é consciente de que o talento rural parte dunha posición desvantaxosa na sociedade actual, por iso é esencial ofrecerlles un espazo no que poidan desenvolver as súas habilidades xunto con outros xóvenes talentosos.

O Proxecto “Xóvenes Talentos” busca crear unha ampla rede de talento rural co obxectivo de unir recursos, esforzos, coñecementos, experiencias… que permitan o xurdimento de novas ideas e proxectos na zona.

A quen vai dirixido?

O proxecto irá dirixido a toda a mocidade de entre 21 e 30 anos procedentes da Comarca do Deza (concello de Silleda, Lalín, Rodeiro, Dozón, Vila de Cruces e Agolada) que teñan algún talento en ámbitos moi diversos (artístico, musical, tecnolóxico, científico, literario, xurídico, empresarial…).

VENRES 24 DE SETEMBRO

ESTRELAS NO CAMIÑO

A vía láctea serviu sempre como guía aos peregrinos e peregrinas e como faro de esperanza de terra firme aos mariñeiros e mariñeiras. A pesar de que ao longo do camiño a orografía, as costumes, a xeografía foi cambiando co paso do tempo, as estrelas que guían a peregrinaxe continúan inalterables, transmitíndose o seu coñecemento de xeración en xeración.

Ao igual que o camiño, a observación e comprensión do cosmos vai ligado ao deleite dos sentidos, sendo unha viaxe cara o descubrimento dun mesmo. Por este motivo, todas as persoas participantes ao congreso poderán desfrutar dunha sesión de astronomía na noite do venres adicada á vía láctea e ao camiño de Santiago na que ademais de poder observar o firmamento con diversos telescopios, un láser de última xeración debuxará as constelacións no ceo.

 

SÁBADO 25 SETEMBRO

CONGRESO XÓVENES TALENTOS

O sábado 25 de setembro será o día grande do congreso Xóvenes Talentos, que buscará arraigar os mozos e mozas á comarca do Deza, é dicir, que teñan un motivo para volver ou para permanecer, que sentan o respaldo dunha sociedade que confía no seu talento para garantir o futuro dun rural, dunha comarca que os necesita.

A xornada do sábado celebrarase no Eco Hotel Nós e contará cun completo programa que recolle dende actos institucionais e entregas de premios a interesantes conferencias e actividades de todo tipo en diferentes microespazos deseñados para que as persoas asistentes poidan elixir en función das súas preferencias. Ademais, as persoas participantes poderán intercambiar puntos de vista e coñecerse nos diferentes coffee break e actuacións musicais, co obxectivo de crear rede.

A solidariedade e o turismo tamén cobrarán importancia no congreso, un lugar perfecto para dar a coñecer os tesouros que agochan os seis concellos da comarca do Deza recorridos polo Camiño de Santiago.

 

DOMINGO 26 DE SETEMBRO. DEPORTE NO CAMIÑO

O congreso de Xóvenes Talentos empregará o deporte como forma de consolidar un turismo de congresos que debe conter unha oferta complementaria e atractiva para as persoas asistentes ao mesmo. Por este motivo, o domingo 26 de setembro estará dedicado ao deporte e ao camiño de Santiago no seu paso pola Vía da Prata. Ofreceranse diversas posibilidades a todas as persoas asistentes ao congreso e adaptadas ás súas preferencias para dar por finalizado esta fin de semana chea de emoción e talento.

A Vía da Prata será escenario dun evento deportivo de alto nivel no que participarán celebridades do mundo do deporte e que ofrecerá un servizo de autobuses para todas as persoas participantes. Elixiuse a modalidade de relevos precisamente porque representa á perfección os valores de compañeirismo, traballo en equipo e solidariedade tan presentes no congreso e ao longo de todo o Camiño de Santiago.

As persoas que non desexen participar na proba deportiva, poderán realizar parte da última etapa do Camiño de Santiago ou acudir de forma directa á cidade de Santiago de Compostela, grazas ao servizo de bus privado facilitado pola organización.

Diferentes persoas expertas serán as encargadas de explicar as curiosidades do Camiño de Santiago e os seus tesouros a medida que nos acheguemos á cidade de Compostela, onde poderemos visitar a catedral como fin do camiño e fin do congreso de xóvenes talentos.

gl_ESGalego